Plantar frondosas, really George?

daqueles polvos..

Os mellores recordos de moitos galegos envólvense cunha cuberta onde se mestura a cor verde das follas dos carballos e o azul do ceo, a humidade da sombra, os sons do natureza, o recendo da herba e a visión de maxestosos colosos cheos de vida. Recordos que nos acompañan ala onde estamos e, cando os volvemos a nós, énchennos  dá serenidade e a confianza de quen volta a casa.

Os montes de frondosas foron o paradigma de fonte de recursos e de servizos para sustento da poboación galega rural e medio-rural, que grazas a eles puideron contar co aprovisionamento de materias primas para a construción de vivenda, fornecer de calor e trebellos para o fogar, cama para o gando e mesmo alimento para animais e persoas de ben.

Tamén foron soporte e sostén, sen prezo e sen dolor, para grandiosas infraestruturas dos gobernos e empresas necesitados de triunfos, de pompa, de boato e conta de resultados, que case que rematan de vez con eles, total para que preocuparse; eran duns ninguén e non ían a ningures.

Os que somos desertores do arado, pero tivemos a inmensa sorte de poder ser testemuñas directos, sen sabelo nin aprecialo no seu día, decatámonos agora, xa máis leidos e viaxados (manda truco!!) do exquisito artellamento do sistema de vida do rural, onde os nosos pais e nais,  avós e avoas,  tecían e destecían para sacar proveito, con sentidiño, do monte.

Dende logo, parece que é tempo de predicar que agora son o referente do abandono e dá desazón das épocas actuais, do nada rural e o sen rural, que nos atopamos.

frondosas caducifolias? será por frondosas…

As cifras do IFN4 Inventarios Forestais e das estimacións das entidades públicas amosan que en Galicia se presenta a seguinte distribución da superficie dos bosques en Galicia:

Points scored

Os bosques de frondosas caducifolias ocupan unhas 415.000 hectáreas e representan case que unha terceira parte das masas forestais arboradas de Galicia e as carballeiras puras ou en masas mixtas mesturadas con outras frondosas autóctonas, ocupan preto da quinta parte dos bosques galegos (unhas 320.000 ha de nada). 1ª REVISIÓN DEL PLAN FORESTAL DE GALICIA

Sen contar coa gran expansión dos eucaliptos, a progresión arbórea dos carballos foi a máis notable durante o último cuarto do século XX. Os datos dos inventarios forestais nacionais, o IFN2 e IFN3, indican que entre os anos transcorridos entre inventarios, 1987 a 1998, en Galicia a superficie de frondosas autóctonas pasou de 238.372 ha a 396.690 ha, incrementouse, por tanto, a súa superficie nun 66%. Con todo, a superficie de bosques puros diminuíu entre o IFN-3 e o IFN-4, pasando de 187.789 ha a 124.780 ha, respectivamente. 

Points scored

Quercur robur tería un incremento importante en Ourense e Lugo (case 32 e unhas 104 mil hectáreas de aumento, respectivamente), co que multiplicarían, en cada caso, por seis as súas superficies inicialmente estimadas no IFN-1. 1ª REVISIÓN DEL PLAN FORESTAL DE GALICIA

valor: se le supone, prezo non ten

A representatividade de superficie non se reflicte na capacidade de aproveitamento por parte do sector forestal.

A Cadea Forestal – Madeira en Galicia 2017 presenta uns resultados de 0,24 millóns de m3 de cortas para frondosas caducifolias (principalmente Quercus spp.) o que representa o 2,8% dos 8,6 millóns de metros cúbicos de aproveitamento realizados en Galicia no mesmo ano (os eucaliptos están en 5 millóns de metros cúbicos e os piñeiros en 3,3 millóns de metros cúbicos). A porcentaxe de cortas industriais de frondosas caducifolias mantense en termos similares nos últimos 20 anos.

Points scored

XERA (2018). La Cadena Forestal – Madera en Galicia 2017. Axencia Galega da Industria Forestal. Consellerıa de Economı ́ a e Industria. Universidade de Vigo. J. Picos (coord.). 54 p.

As estatísticas non inclúen aproveitamentos enerxéticos que citan outras fontes, onde se indica que “Calcúlase que ademais hai polo menos un millón de toneladas máis de frondosas que se cortan para leñas domésticas, cunha porcentaxe de operacións alleas ao control fiscal e estatístico da Xunta de Galicia.” As frondosas gañan no monte, perden na industria

É dicir, temos un escenario onde as especies que medran amodo, logo que están mais tempo con nós, que desenvolven a súa experiencia vital creando un ecosistema máis diverso, complexo e rico, para o noso “goce disfrute y regocijo”, e inda por riba, achegan no fin da súa vida unha dote con un material ateigado de propiedades tecnolóxicas, con mellores capacidades en durabilidade e resistencia e mesmo unha paleta diversa en matices estéticos, acaban no lume. Ou arden no monte ou arden na lareira.

 plantar mais frondosas?

A administración da Xunta de Galicia ven apoiando mediante ordes de axuda as frondosas autóctonas de Galicia dende finais dos anos 80. Axudas para actuacións de mellora xenética, plantación, actuacións silvícolas, loita contra pragas e enfermidades, etc. Unha primeira aproximación cifra a súa importancia en uns 70 millóns de € invertidos en promoción de plantación e cultivo de frondosas (uns 2,3 millóns por ano). Antes xa se subvencionaron outras especies e outras fábricas. 

Si ben os esforzos para acadar resultados pasan por un plan de actuación a longo prazo, e coa necesidade de implicación da administración pública nas primeiras fases, tamén é verdade que non dispor de ningún plan de aproveitamento e valoración para as masas de frondosas, conducirá a marxinalidade económica ao 30 % do monte galego, tras investir recursos económicos na súa plantación, xestión e protección.

Como di O Sequeiro, think thank forestal galego:

“Con este panorama, ao noso modo de ver, a gran oportunidade que aporta a vexetación arbórea local e autóctona, é que rexenera de forma natural con facilidade, e que co paso do tempo gaña sempre valor, polo que realizar grandes investimentos en extensas repoboacións, supón asumir un risco innecesario. É por isto que non cremos que a solución veña da man soamente da mellora xenética nin das repoboacións, que xusto é seguir mantendo, senón dunha boa planificación forestal que fomente o rexenerado natural, as masas mixtas e os tratamentos silvícolas máis convenientes. 

Cremos que o mellor camiño para conseguir este obxectivo é por en produción os bosques de frondosas autóctonas que xa existen nas zonas de interior e de montaña de Galicia, e apoiar e fomentar o emprendemento empresarial na industria que poida dar conta dos produtos xerados. Isto pasa non soamente por repoboar, senón por practicar unha xestión acaída, respectuosa cos solos e coa biodiversidade, baseada en aproveitamentos que reteñan sempre unha cantidade importante de vexetación e estruturas, e na coñecida silvicultura próxima á natureza.

En canto ao impulso á industria forestal galega, formula unha estratexia acorde cos criterios de mellora de competitividade e de adaptación ao mercado presentes en todo sector, mais parece que se perde a oportunidade de articular, cando menos no tócante á administración galega, unha actuación de impulso do emprego da madeira como material de referencia, primando a súa utilización pola administración, do mesmo xeito que se está a desenvolver noutros países”. Debullando polo miúdo o novo plan forestal galego: unha oportunidade de cambio?

o mercado: a última fronteira.

As frondosas caducifolias foron estudadas dende os puntos de vista ecolóxico, silvícola e mesmo de produción, pero non existen estudos cunha perspectiva integral orientado á súa conservación a través da optimización e valorización do seu aproveitamento e comercialización.

A innovación confinouse ás especies de crecemento rápido, abandonando as madeiras de frondosas. Resultado: carballos, faias e outras frondosas están infravaloradas por falta de ferramentas industriais de comercialización e valorización en cadea produtiva. Transition écologique : la forêt durable va-t-elle bientôt sortir du bois ?

Un territorio cunha paisaxe multifuncional e diversa pode, e debe, proporcionar recursos para  establecer distintas vías de negocio e aproveitamento de xeito complementario e cooperante. Paisaxe que aporta unha ampla variedade de biomasas e materiais lignocelulósicos para enerxía, fertilización, química sostíbel e da saúde, novos materiais biobaseados, elementos para construción, e, por suposto, alimentación saudable en base á agroforestería e procesado de produtos ecolóxicos, de calidade e de proximidade. A súa biodiversidade presenta unha oportunidade para enxeñar propostas de emprendemento, por parte da industria cultural, onde por en valor o patrimonio cultural, natural e paisaxístico do territorio.

Se embargo, estas configuracións non teñen aínda escenarios claros onde se coñezan as capacidades produtivas e as capacidades de mercado que poidan presentar unha oportunidade sostible e economicamente viable. Para que xurdan propostas de emprendemeto precisamos un ecosistema no que establecer unha correlación óptima entre sostibilidade ambiental e económica que permita crear condicións de desenvolvemento dignas para a procura dun rural activo e con visos de “pervivencia”. 

Entendemos que é preciso artellar (mesmo dende a loubada colaboración público-privada) plans de acompañamento e soporte a emprendedores, programas de financiamento a futuro e axudas con especial atención ás pequenas e medianas empresas vencelladas o rural de transformación da madeira, o aproveitamento de enerxía, á industria do moble de deseño e calidade, a industria da produción agroalimentaria e a industria cultural.

Pero tamén sería de interese, non novidoso pero si pouco activo e inda con pouco calado, artellar e promover programas de estimulo da demanda (a mesma Francia http://La filière bois présente son « Plan Ambition Bois-Construction 2030 » serve como referencia, ou mesmo a experiencia galega do Foro da Madeira http://La Xunta impulsa el Foro da Madeira con el reto de promover el uso de este material en la construción e agora coas axudas da XERA https://xera.xunta.gal/a-axencia/axudas/axudas-2020) de materiais, produtos e servizos que entroncan nos requirimentos de sustentabilidade, proximidade, eficiencia enerxética, retención de CO2 pero tamén de mantemento da biodiversidade, do paisaxe e de custodia de territorio.

Actuación e programas que permitan arrincar o paso de moitas e diversas accións de emprendemento endóxeno afincado no rural, que non son NEXT XENERATION de grandes empresas tractoras (esperemos que non rozadoras) pero que aportan estrutura capilar e resiliencia a unha economía rural avida de crear e reter poboación.    

A modo de exemplo, e sen ánimos de predicar, amosamos as experiencias, plans e programas que atopamos de interese (non é afrancesamento pero son francesas, seguro existen máis):

Por non falar de numerosas organizacións, selos de calidade e mesmo IXP de madeiras locais, que están presentes por todo o territorio francés e que pulan por dar valor e mercado as súas madeiras autóctonas.https://franceboisforet.fr/wp-content/uploads/2018/04/feuillus_bdef_versionfinale.pdf. Por certo, presentando unha calculadora de carbono para materiais de construción, que mira ti, ten mellor dato para as frondosas que para as coníferas. https://www.bois-de-france.org/calculer-le-stockage-carbone-dun-produit/

en Galicia que? chove, non? 

A diferenza das especies de crecemento rápido, onde contan con importantes efectivos no eido empresarial, académico e asociativo (clúster, asociacións e fundacións forestais, centros tecnolóxicos e grupos de investigación) que xuntan os seus esforzos na promoción e dinamización destas especies, as frondosas autóctonas adoecen dunha estrutura mínima que permita desenvolver un ecosistema innovador e con azos para acometer a investigación e o desenvolvemento necesario para artellar políticas e estratexias que valoricen axeitadamente as súas potencialidades.

Dende A Monte pretendemos darlle unha volta, puro exercicio de estilo teórico, para alviscar e lobrigar a que “dedican el tiempo libre” estas frondosas, agora que xa non son de ninguén e que xa non se sabe si van a ningures, e tamén, soberbia e fachenda pura, dar información, referencias e experiencias para que quen queira encamiñar o seu traballo en apostar por frondosas non veña despois a escoitar “era visto, xa cho dixen”.

Asociación A MONTE

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close