INVITACIÓN A DEBATIR SOBRE A REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

A revisión do plan forestal de Galicia despois de pasar polo Consello Forestal de Galicia o pasado 8 de xaneiro, inicia a tramitación parlamentaria neste mes de febreiro e desde O Sequeiro queremos aproveitar esta entrada para recopilar as distintas posicións que se dan ao respecto deste documento.

A información sobre a tramitación e documentos desta revisión podedes consultala neste enlace de medio rural. Por desgraza aínda non están pendurados os documentos finais presentados no Consello Forestal de Galicia.

Desde este blogue temos feitas distintas entradas tentando profundizar no proceso deste novo plan e podes consultar aquí a última na que se fai unha análise en detalle.

A consellería do Medio Rural rexistrou a finais de xaneiro o documento da 1ª revisión do plan forestal de Galicia. O trámite parlamentario iniciouse o venres 5 de febreiro coa presentación na comisión 7ª (Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes) do Parlamento de Galicia da 1ª Revisión do plan forestal de Galicia a cargo do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural. Podedes seguir aquí o transcurso desta comparecencia.

O director xeral destacou na súa intervención que o plan forestal de Galicia aposta pola transición verde, a biodiversidade, a neutralidade climática e o consumo responsable.

As intervencións dos distintos grupos parlamentarios foron bastante críticas, especialmente as do PSdG e BNG, quenes solicitaron a retirada do documento. O grupo socialista cualifica de despropósito o plan forestal de Galicia presentado pola Xunta. O BNG pola súa parte rexeita o plan forestal presentado pola Xunta por carecer dun modelo de monte e poñelo a disposición dun grupo de empresas. O PP foi o único grupo parlamentario que amosou a súa aprobación co documento presentado.

Desde principios de ano foron saíndo distintas novas sobre o novo plan forestal, entre as que destacan:

As voces a favor desta revisión do plan forestal están representadas por, entre outros por:

Nunha posición máis crítica atópase a posición do colexio de montes de Galicia, no que a súa decana di: “Galicia é o referente forestal en España, polo que deberiamos ter un plan forestal á altura e este é mellorable”.

A finais do ano pasado a Alianza polo Rural cuestiona o novo plan forestal e pide que se revise. No mes de febreiro unha fronte de organizacións sociais amosan o seu rechazo ao documento presentado e inician conversas cos grupos parlamentarios. Neste grupo de organizacións atópanse as seguintes organizacións ecoloxístas, agrarias e forestais: A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

A mobilización destas organizacións propiciou unha recollida de sinaturas dixital e unha concentración diante do parlamento o día 23 de febreiro.

Desde o Sequeiro entendemos que é obrigado un debate serio e obxectivo sobre a planificación do noso monte a 20 anos; que se deben escoitar todas as posturas para conseguir o maior consenso posible. Nesta liña animámosvos a que expresedes a vosa opinión, utilizando calquera canle ao voso alcance, tentando abrir un debate que a Xunta debería ter aberto xa hai anos. Exerzamos o dereito de opinar e participar na toma de decisións sobre o monte e a paisaxe que queremos.

2 opiniones sobre “INVITACIÓN A DEBATIR SOBRE A REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

  1. Anxo Hermelo Menduinha 04/03/2021 — 11:05 pm

    Eu coido que temos que acadar un equilibrio, e aplicar a economia bio circular.

    Debemos ser capaces de mesturar o bosque de arbores frondosas autoctonas , con piñeiros , arbustos (arandos e outras especies rendibles).

    Para acadar o que propoño fai falla:
    1.Organizar o monte ( dividindoo por Comarcas, ter espazos para o lecer, criar poligonos forestais).

    2. Conseguer a transferencia do Catastro.
    3.- Concentracion parcelaria.
    4.- Aplicar a silvicultura axeitadamente.
    Con este plantexamento poderiamos desfrutar e vivir do monte.
    Como dicia Daniel Castelao no noso monte temos un tesouro.

    Gústame

  2. Jose Cristos 21/02/2021 — 9:57 pm

    Ola. Moitas grazas pola oportunidade que abrides para debater.
    Na miña opinión, Galicia está a sufrir un problema ambiental extremadamente grave que é a masiva e ubicua presenza de plantación de especies exóticas.
    Alén dos contidos técnicos mais o menos relevantes, o debate debe situarse primeiramente na solución do dito problema no que o PFG ten unha influenza enorme.
    Así e todo, o PFG incumpre moi probablemente a Lei 2008 de protección da paisaxe de Galicia. A proposta de plan non contén referencias á dita Lei nin hai persoas representante deste eido no Consello Forestal. Esto contradí o que expresamente manifesta o artigo 5º da Lei 2008: “Os poderes públicos integrarán a consideración da paisaxe nas políticas de ordenamento territorial e urbanístico, e nas súas políticas ambientais, do patrimonio cultural, agrícolas, forestais, sociais, turísticas, industriais e económicas, así como en calquera outra política sectorial que poida producir un impacto directo ou indirecto sobre a paisaxe”. O PFG debe pasar o trámite do consello consultivo e suponse que ai a pararán. Se non é así entón debese recorrer aos tribunais.
    No momento que introduzan consideracións paisaxísticas nesta normativa forestal, deberase lidar coas Directrices da paisaxe e cos Indicadores da Paisaxe, que realmente deberían supoñer grandes cambios na planificación e manexo do monte. Quizais por iso nin sequera se menciona no PFG.
    Os problemas técnicos non o son tanto. Os verdadeiros problemas son os que atinxen as persoas. Temos chegado a Marte pero aínda na Terra hai moita que xente morre de fame e hai guerras que non paran.
    Quero dicir que o respecto pola Natureza ou a paisaxe dificilmente vai ocorrer se os propietarios do monte non queren. Non deben ser eles os que teñan que soportar sós o custo ou a perda económica que poden producir eventuais limitacións nas plantacións industriais. Compre pois procurar como pagar os servizos ecosistémicos que eventualmente prestaría un monte ordenado que preserve a paisaxe galega.
    Esta é, na miña visión, o verdadeiro reto: sermos capaces de modificar esta dinámica autodestructiva. A Lei 2008 da paisaxe é a chave.
    Unha aperta!!

    Liked by 1 person

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close